A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible da Xunta de Galicia, a Asociación Terra das Mariñas e o Consorcio As Mariñas, coordinados por este último, están desenvolvendo a implantación da Axenda 21 Local no territorio do Consorcio As Mariñas, que abrangue os concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
O obxectivo deste proxecto é acadar o desenvolvemento sostible dende un punto de vista económico, social e ambiental dos nove concellos nos que se implanta. Para iso é necesario, posibilitar a integración de todas as acción susceptibles de ser promovidas ou apoiadas pola Administración Municipal e Autónomica. De forma simultánea, débense elaborar todas as ferramentas de planificación da sostibilidade, que teñen como fin último o deseño dun Plan de Acción Local.
Dentro das actividades recollidas dentro do Plan de participación cidadá da Axenda 21 do Consorcio As Mariñas, está a posta en marcha das "segundas mesas de participación cidadá"
Os seus obxectivos específicos son:

- Informar sobre o estado real do proceso de Axenda 21 Local que se está desenvolvendo no territorio do Consorcio As Mariñas.
- Expoñer un pequeno resume sobre os resultados obtidos nas Primeiras mesas de participación cidadá.
- Expoñer as líñas estratéxicas e programas de actuación propostos no Plan de Acción da Axenda 21, tras rematar as fases de Prediagnóstico Cuantitativo e Cualitativo, Diagnóstico e as diferentes actividades de participación social desenvoltas (enquisas, primeiras mesas de participación, etc.).
- En base ós resultados obtidos nas Primeiras mesas de participación e das propostas expostas no Plan de Acción, suxerir ós asistentes, actuacións de carácter social, ambiental e económico que poñan as bases dun futuro equitativo, xusto e sostible para os municipios do Consorcio.
- Fomentar a participación cidadá no que representa involucrar á cidadanía e facela partícipe do proceso de construcción dunha Axenda 21 nos municipios de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
- Crear canles de diálogo entre os diferentes sectores convocados ás mesas (poboación, técnicos de cada municipio, sector empresarial-económico, diversas asociacións) que posibiliten a confrontación de ideas, expresión de opinións, debate de principios e intercambio de ideas e información.
Reunión en A Senra - Bergondo - Mesas de Participación
No día de onte, 29 de xuño, asistimos à 2ª Convocatoria de Mesas de Participación aportando as nosas suxerencias para a sua incorporación no plan de implantación da Axenda Local 21, abordando entre outros o problema do paro e a necesidade de acadar unha fórmula entre os concellos integrantes e as entidades adheridas como socios, ca finalidade de lograr unha maior participación social e aproveitamento de recursos do noso territorio. Asemade cumpre apostar por novas iniciativas locais de emprego, ca colaboración das entidades e maior implicación dos concellos nas que se atopan. Outros temas debatidos foron os relacionados co Medio Ambiente, o Turismo sostível e as infraestructuras das que dispomos, entre outros.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada